As nenas e nenos de O Piñeiriño de Vilagarcía de Arousa gozaron este pasado sábado dunha xornada de participación cidadá adaptada aos nenos e nenas.
Tras unha longa tarde de debate para poñerse de acordo sobre as suxestións para a súa cidade ideal. Finalmente deseñouse unha cidade con moitas zonas de ocio: un campo de paintball, un parque, zona verde, aquapark...; unha ponte central elevada para desviar o tráfico da cidade e unha tirolina que cruza dunha punta a outra da cidade para desprazarse dunha maneira rápida e orixinal.
Na sesión de debate saíron propostas interesantes para a súa cidade como: unha cidade sen narcotraficantes nin drogas, colexios con ordenadores para xogar, centros comerciais, sen contaminación, sen lixo, sen crise, campos de fútbol...
Ao final da xornada o alcalde visitou os nenos e compartiu cos nenos, nenas e seus pais as suxestións e solicitudes que aportaron na caixa de correo dirixida ao alcalde.
Moitas grazas a todos e todas as que vos achegastes a esta nova xornada da xincana e agardámosvos para a próxima!!























Ningún comentario:
Publicar un comentario