Actividade de participación infantil do Concello de Vilagarcía de Arousa xestionada pola empresa Ágora Aberta que forma parte do marco de actividades para facer de Vilagarcía de Arousa unha Cidade Amiga da Infancia.
luns, 18 de maio de 2015
Máis contedores de lixo e un laboratorio científico
Esta fin de semana estivemos cos nenos e nenas da parroquia de Trabanca Badiña de Vilagarcía. O bo día acompañounos permitíndonos trasladarnos ao parque da fonte. Aínda que nun comezo eramos un grupo pequeno, logo achegáronse moitos curiosos e colaboradores dispostos a aportar un pequeno gran de area á nosa cidade.
Se temos que destacar algo nesta nova cidade é o interese dos participantes en crear o Laboratorio para crear "pócimas" para solucionar os problemas de saúde dos seus habitantes. Unha proposta innovadora coa que todavía non nos atopáramos ata o de agora. Ademáis, crearon unha cidade sen estradas (só camiños de terra), moitos contedores do lixo, cheo de xente moi grande, unha horta compartida, bombeiros e moitas árbores.
Nas súas cartas ao alcalde fixéronlle achegar bonitos debuxos das súas zonas favoritas de xogo e moitas propostas de melloras no lugar no que viven así como o estado do parque da fonte no que demandan un mellor mantemento das instalacións.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


















































Ningún comentario:
Publicar un comentario