sábado, 21 de marzo de 2015

Unha cidade con tren e unha Cortegada natural


Hoxe a Xincana de Participación infantil visitou a asociación Gato Negro de Carril. Resultou ser unha xornada cunha grande participación pola parte dos nenos e nenas das proximidades. 

Nesta mañá de primavera achegáronse case 30 participantes dispostos a crear un lugar máis respectuoso e adaptado aos nenos na súa vila. O resultado foi unha marabillosa maqueta feita con materiais de refugallo onde podemos ver lugares destinados ás festas, ao lecer e unha boa rede de transporte público por vía. Decidiron tamén facer constar a illa de Cortegada respectando o seu aspecto natural sen pontes nin impacto medioambiental.

Ao final da xornada o alcalde en persoa veu recoller as solicitudes que os nenos e nenas deixaron na caixa de correo.

Moitas grazas a todos e todas as que vos achegastes a esta nova xornada da xincana e agardámosvos para a próxima!!











































Ningún comentario:

Publicar un comentario