domingo, 1 de marzo de 2015

Tarde participativa das nenas e nenos de Cea


  Ainda que o tempo non acompañou, na tarde de onte achegáronse 11 participantes á xornada de Participación Infantil celebrada na Casa da Cultura de Cea, Vilagarcía de Arousa.

  Desta xornada de traballo as nenas e nenos de Cea aportaron moitas ideas para a súa comunidade e elaboraron unha bonita maqueta con material reutilizado como mostra dunha alternativa máis sostible e adaptada aos nenos do lugar onde viven.

  De novo damos grazas a todas e todos os participantes a esta nova Xincana e emplazámosvos á próxima xornada que se celebrará o sábado 21 de marzo no Local Social Gato Negro de Carril ás 11:30h.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

CONCELLARÍA DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO 986 099 200 ext. 212
BAR SOCIAL "O GATO NEGRO" CARRIL 986 501 191 (a partir das 19h)







Ningún comentario:

Publicar un comentario