xoves, 15 de xaneiro de 2015

24 de Xaneiro na Casa da Cultura de Rubiáns


  O próximo sábado 24 de xaneiro repitiremos experiencia. Esta vez tócalle á Casa da Cultura de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa. Queremos coñecer a impresión dos nenos e nenas de Rubiáns sobre o seu concello e lugares de xogo.

  Con esta intención elaboraremos un mural con propostas de mellora para o concello e as zonas onde soemos gozar do noso tempo de lecer. Elaboraremos maquetas onde imaxinaremos a nosa cidade ideal creada con materiais de refugallo. 

  Se queres participar nesta xincana podes chamar á Asociación Cultural "O Souto" 619 543 999 para inscribirte ou chamar á Concellaría de Xuventude e Voluntariado no 986 099 200 ext. 212.

Lembra que esta actividade é totalmente gratuíta e só precisas inscribirte.

PARTICIPA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario