sábado, 6 de decembro de 2014

Vídeo da Xincana de Bamio



Vídeo da experiencia de participación infantil na vida comunitaria celebrada no Centro Sociocultural de Bamio, Vilagarcía de Arousa o sábado 22 de novembro de 2014.

A xincana consistiu en tres fases diferentes:


  1. Os nenos e nenas deberían identificar individualmente as súas propias necesidades dentro do seu contorno a través de debuxos ou manualidades.
  2. Poñer en común as súas necesidades e propostas de acción ao concello en dous murais diferentes.
  3. Crear prototipos das súas propostas con material reutilizado.
  4. Facer unha maqueta na que deben debatir para compartir e repartir o espazo proposto. 


Os obxectivos desta actividade eran facilitar unha mellor comprensión da realidade que os rodea, fomentar a comunicación e a deliberación, dar renda solta á creatividade, interiorizar o concepto de compromiso social e promover o traballo en equipo.

Organiza a concellería de Xuventude e Voluntariado do Concello de Vilagarcía de Arousa en colaboración coa empresa Ágora Aberta de Ames, A Coruña.

Para este vídeo empregouse de fondo musical o tema "Happy Joyful Whistling" de Akashic Records con licenza CC - Atribución

Podes escoitar e descargar o tema en https://www.jamendo.com/es/track/913243/happy-joyful-whistling

Este documento audiovisual tamén ten unha licenza CC BY 3.0 ES

Termos de licenza_
http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/deed.gl


A próxima cita terá lugar no Casa da Cultura de Guillán o próximo sábado 13 de decembro:



Ningún comentario:

Publicar un comentario