mércores, 5 de novembro de 2014

Vídeo da xornada en Vilaxoán 25 de outubro





Vídeo da experiencia de participación infantil na vida comunitaria celebrada na praza Rafael Pazos de Arousa o sábado 25 de outubro de 2014.

A xincana consistiu en tres fases diferentes:
1. os nenos e nenas deberían identificar individualmente as súas propias necesidades dentro do seu entorno a través de debuxos ou manualidades.
2. poñer en común as súas necesidades e propostas de acción ao concello en dous murais diferentes.
3. crear prototipos das súas propostas con material reutilizado.
4. facer unha maqueta na que deben debatir para compartir e repartir o espazo proposto.

Os obxectivos desta actividade eran facilitar unha mellor comprensión da realidade que os rodea, fomentar a comunicación e a deliberación, dar renda solta á creatividade, interiorizar o concepto de compromiso social e promover o traballo en equipo.

Organiza a concellería de Xuventude e Voluntariado do Concello de Vilagarcía de Arousa en colaboración coa empresa Ágora Aberta de Ames, A Coruña.

Para este vídeo empregouse de fondo musical o tema "Pluja de Colors" de Carles Cuberes con licenza CC - Atribución

Podes escoitar e descargar o tema en https://www.jamendo.com/es/list/a100039/pluja-de-colors

Este documento audiovisual tamén ten unha licenza CC BY 3.0 ES

Termos de licenza_
http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/es/deed.gl

Ningún comentario:

Publicar un comentario