luns, 20 de outubro de 2014

Nova xincana infantil en Vilagarcía 25 de outubro

O próximo 25 de outubro celebrarase a segunda xornada de participación infantil no Fogar do pescador de Vilaxoán.

A xornada comezará ás 17:30h e contará con actividades que promoverán a participación dos máis novos na vida comunitaria.

xincana infantil Vilaxoán

A elaboración dun mural con propostas de mellora para o Concello, unha caixa de correo para comunicar ideas ao Concello, debates sobre os hábitos e suxestións dos nenos e nenas ou o deseño dunha maqueta colaborativa sobre o noso espazo de lecer ideal serán algunhas das propostas para este día.

Esta actividade encóntrase dentro do marco das Cidades Amigas da Infancia que promove o Concello de Vilagarcía a través da Concellaría de Xuventude.

Os nenos e nenas que queiran inscribirse nesta actividade pode facelo na Concellaría de Xuventude desde o luns 20 ata o xoves 23 de 9h a14h ou chamando ao 671 644 619.

Ningún comentario:

Publicar un comentario